Talbot, William Henry Fox
Científico e inventor inglés. Foi un dos pioneiros da fotografía ao establecer o proceso do negativo/positivo, que patentou como o calotipo (1841), despois de experimentar coa cámara escura e a cámara lúcida (1834). O primeiro calotipo foi o da abadía Lacock (1935), pero distintos procesos xudiciais impediron que a técnica se empregara ata 1852. Foi autor do primeiro libro ilustrado con fotografías, The Pencil of Nature (1844), ao que seguiu The Pictures of Scotland. Traballou nos procesos de revelado fotográfico, na microfotografía, a fotografía panorámica e a fotocopia, ademais de patentar o uso da porcelana como soporte fotográfico (1849). Recibiu a medalla de ouro na Exposición Universal de París (1855) e foi membro honorario da Photographic Society of London (1874).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Melbury -
Deceso
Lugar : Lacock Abbey