Talía
Talía
[MIT]
Unha das nove musas da mitoloxía grega, considerada como a musa da comedia e da poesía festiva. Amante de Dafnis e de Apolo, considerouse a nai dos fillos deste último (os coribantes). Representábase cunha máscara cómica na man dereita e coroada de hedra.