talio
talio
(< grθαλλός ‘rama verde’)
s
m
[QUÍM]
Elemento químico, de número atómico 81 e peso atómico 204,37, pertencente ao grupo IIIA da táboa períodica. É un elemento pouco abundante, está presente na natureza como compoñente minoritario de diversos minerais e forma aliaxes con numerosos metais. Desde o punto de vista químico é un elemento reactivo, oxídase lentamente no aire, con formación de Tl2 O, e é atacado pola auga en presenza de osíxeno con formación do hidróxido Tl(OH). Disólvese nos ácidos oxidantes e é atacado lentamente polo ácido clorhídrico. Tanto o talio como os seus compostos son dunha elevada toxicidade. Foi descuberto espectroscopicamente por W. Crookes en 1861.