talión

talión

(

  1. s m

    Castigo que consiste en aplicar ao condenado unha pena equivalente ao dano que causou.

  2. lei do talión [DER/HIST]

    Sistema de xustiza que aplicaba aos delincuentes unha pena equivalente ao dano que causaran. Recollida no Código de Hammurabi, na lei das Doce Táboas e na lei Mosaica, foi unha das primeiras tentativas de regulación da vinganza, que tiña como lema “ollo por ollo, dente por dente”. Nos casos en que non se producía dano corporal, buscábase unha forma de compensación física contra o autor do delito (como o corte dunha man ao autor dun roubo).

Refráns

  • Quen faga mal, espere outro tal.
  • Quen o fai que o pague.

Palabras veciñas

talidomida | Taliesin | talio | talión | talismán | talismánico -ca | tall-oil*