tamarisco

tamarisco

(< lat científico tamarix)

Nome científico: [Tamarixgallica, Fam das tamaricáceas]
s m [PLANTA]

Arbusto caducifolio, de ata 8 m de altura, coa cortiza de cor parda con fendas e ramas delgadas e flexibles que saen case desde a base. As follas son alternas, escuamiformes, de forma ovado-agudas, moi pequenas, sentadas e de cor verde glauca. As flores son pequenas, hermafroditas con 5 pétalos e 5 estames dispostos en acios de cor branca ou rosada que nacen nas extremidades das ramas novas e que aparecen ao mesmo tempo ca as follas e froito en cápsula. Florece entre abril e xuño. En Galicia é moi frecuente en toda a zona do litoral.

Sinónimos

Palabras veciñas

tamargueira | tamaricáceo -a | tamarindo | tamarisco | Tamarite de Litera | Tamarix | Tamas