Tamayo, José
Tamayo, José
Director teatral. Grande impulsor do drama e da zarzuela en España, creou unha compañía teatral en Granada que co tempo se converteu na Compañía Nacional Lope de Vega (1946). Tamén participou na fundación da compañía Amadeo Vives e foi director do Teatro Español de Madrid (1954-1962). En 1961 creou o Teatro de Bellas Artes e en 1970 foi director do Teatro Lírico Nacional de la Zarzuela. Dos seus traballos destacan Las brujas de Salem (1956), El tragaluz (1967) e Antología de la Zarzuela (1987, 1996-1997).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Granada -
Deceso
Lugar : Madrid