tambor

tambor

(

  1. s m [MÚS]
    1. Grupo de instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.

    2. Calquera dos diversos instrumentos membranófonos de percusión, provistos de caixa cilíndrica, formada por tres pezas xuntas por medio de dous círculos que fixan as peles. O instrumento é percutido na súa membrana superior con dúas baquetas, unha redondeada, que produce un son xordo, e outra máis lixeira, que produce un son feble. No que respecta ás dimensións, comprenden desde a caixa clara ata o redobrante, pasando polo timbal.

    3. Músico que toca este instrumento.

  2. s m
    1. Obxecto cilíndrico, especialmente baleiro, por analoxía cos tambores ou timbais.

    2. Dispositivo empregado para bordar a man no que o tecido se mantén tirante sostido por un círculo ou por unha correa.

    3. Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.

    4. [TECNOL]

      Cilindro xiratorio sobre o que actúa a espiral dun mecanismo de reloxaría.

    5. [TECNOL]

      Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.

    6. [TECNOL]

      Cilindro dos tornos e doutros aparatos semellantes, sobre os que se enrola, ao xirar, un cable ou unha corda, que se emprega para levantar ou para arrastrar unha carga.

    7. [TECNOL]

      Caixa de forma semicilíndrica ou redondeada destinada a protexer ou tapar as pezas do muíño.

    8. [TECNOL]

      Peza cilíndrica, baleira, fixada sobre a cara interior ou exterior dunha árbore ou dunha roda, onde apertan as zapatas do freo.

    9. [ARQUIT]

      Muro cilíndrico que organiza unha estrutura de planta cilíndrica ou poligonal sobre a que se apoia unha cúpula. É o elemento transmisor das cargas verticais. Xeralmente ten fiestras para iluminar o interior do edificio.

    10. [ARQUIT]

      Corpo central cilíndrico do capitel corintio, sobre o que aparecen sobrepostas as follas.

    11. [ARQUIT]

      Cada un dos elementos ou bloques cilíndricos ou troncocónicos dunha columna que superpostos a forman. Poden ter ou non estrías.

    12. [ANAT]

      Tímpano do oído.

    13. [MED]

      Instrumento que se emprega para transmitir movemento a un aparato que rexistra as vibracións do aire.

Palabras veciñas

Tamayo, Rufino | Tambacounda | Tambo | tambor | tamborete | tamboril | tamborilar