tambor
(
-
s
m
[MÚS]
-
Grupo de instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.
-
Calquera dos diversos instrumentos membranófonos de percusión, provistos de caixa cilíndrica, formada por tres pezas xuntas por medio de dous círculos que fixan as peles. O instrumento é percutido na súa membrana superior con dúas baquetas, unha redondeada, que produce un son xordo, e outra máis lixeira, que produce un son feble. No que respecta ás dimensións, comprenden desde a caixa clara ata o redobrante, pasando polo timbal.
-
Músico que toca este instrumento.
-
-
s
m
-
Obxecto cilíndrico, especialmente baleiro, por analoxía cos tambores ou timbais.
-
Dispositivo empregado para bordar a man no que o tecido se mantén tirante sostido por un círculo ou por unha correa.
-
Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.
-
[TECNOL]
Cilindro xiratorio sobre o que actúa a espiral dun mecanismo de reloxaría.
-
[TECNOL]
Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.
-
[TECNOL]
Cilindro dos tornos e doutros aparatos semellantes, sobre os que se enrola, ao xirar, un cable ou unha corda, que se emprega para levantar ou para arrastrar unha carga.
-
[TECNOL]
Caixa de forma semicilíndrica ou redondeada destinada a protexer ou tapar as pezas do muíño.
-
[TECNOL]
Peza cilíndrica, baleira, fixada sobre a cara interior ou exterior dunha árbore ou dunha roda, onde apertan as zapatas do freo.
-
[ARQUIT]
Muro cilíndrico que organiza unha estrutura de planta cilíndrica ou poligonal sobre a que se apoia unha cúpula. É o elemento transmisor das cargas verticais. Xeralmente ten fiestras para iluminar o interior do edificio.
-
[ARQUIT]
Corpo central cilíndrico do capitel corintio, sobre o que aparecen sobrepostas as follas.
-
[ARQUIT]
Cada un dos elementos ou bloques cilíndricos ou troncocónicos dunha columna que superpostos a forman. Poden ter ou non estrías.
-
[ANAT]
Tímpano do oído.
-
[MED]
Instrumento que se emprega para transmitir movemento a un aparato que rexistra as vibracións do aire.
-