Tamayo, Rufino

Tamayo, Rufino

Pintor e muralista mexicano. Pertenceu á xeración de Orozco, Ribera e Siqueiros. Alumno da Academia de Bellas Artes de México, da que foi profesor máis tarde, realizou grandes murais por encargo do goberno. Viviu en Nova York (1936-1948), onde fixo os frescos do Smith College de Northampton, ademais doutros en Ciudad de México, Puerto Rico e París. Formou parte da escola de París, onde residiu desde 1950, ensaiando unha simbiose entre o decorativismo francés e os motivos arcaizantes da arte precolombina.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Oaxaca

  • Deceso

    Lugar : Ciudad de México