Tambo

Tambo

Illa da ría de Pontevedra incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Situada fronte ao porto de Marín (1,5 km2) foi formada na oroxenia herciniana e está constituída por un zócolo de granito de dúas micas. En 1105 a Raíña Urraca cedeuna ao mosteiro beneditino de Poio, que mantivo o señorío ata a desamortización na primeira metade do s XIX. Entre 1865 e 1879 serviu como lazareto. Posteriormente, Uxío Montero Ríos adquiriu a propiedade da illa, que os seus herdeiros transferiron ao estado. En 1943 asignóuselle á Armada, que despois de declarala carente de interese estratéxico e abandonala en 2002, posibilitou que o padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas iniciase, en abril de 2003, o procedemento de incorporación.