Támega, El
Támega, El
Semanario publicado en Verín a partir de 1898. Cesou en 1936. Fundado e dirixido por Lino García, quen tamén foi o seu propietario, foi a publicación máis relevante da vila. De tendencia conservadora, contou coa colaboración de Xesús Taboada Chivite, entre outros. A partir de decembro de 1902 cambiou a cabeceira por Nuevo Támega, ata a súa desaparición.