támil

támil

(< ingl Tamil < támilTamil)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos támiles ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo támil.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de India meridional e do N de Sri Lanka, de raza indomelánida. Falan unha lingua propia e basicamente se dedican á agricultura sedentaria e ao comercio e, na costa, á navegación e á pesca. Calcúlase que son ao redor de 65 millóns de individuos.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum drávida que se fala en Tamil Nadū, onde é oficial, e na península de Jaffna (Sri Lanka), así como nas numerosas colonias támil de Malacca, Fixi, illas Mauricio e África oriental e meridional.

  5. literatura támil [LIT]

    Literatura cultivada en támil. É a máis antiga da India despois da sánscrita. Os primeiros documentos, denominados Sangam (desde o ano 200 a C ata o ano 200 d C), forman dúas coleccións: o Pattuppāṭṭu (Conxunto de dez cánticos) e o Eṭṭuttokai (Colección de oito versos). O libro poético máis venerado é o Kuaḷ, de Tiruvaḷḷuvar (400?). Outras obras importantes son o Nālaiyar (400-800?), de influencia xaina; e a versión do Rāmāyanā de Kamban (s IX). Entre os ss VII e IX recompiláronse as obras dos santos xivaítas, e o Tirumuai, antoloxía de 63 místicos xivaítas Na mesma época recóllense os himnos xivaítas (uns 4000) nunha antoloxía denominada Prabandahn. Entre os clásicos inclúese tamén o xesuíta italiano C. Beschi (1860-1747).

Palabras veciñas

Tamenghest | Tamerlán | Támesis | támil | Tamil Nadū | tamiza | tamizo