Tanais

Tanais

Cidade grega antiga na Rusia meridional situada á beira da desembocadura do río Don. Colonia de Panticapeon e fundada en idade incerta, parece ser que tivo vínculos comerciais importantes cos sármatas e co reino do Bósforo. Destruída na época de Augusto, rexurdiu no mesmo lugar unha nova cidade.