Tántalo
Tántalo
[MIT]
Protagonista dun dos mitos gregos máis difundidos e representativos da arte clásica. Segundo a versión máis coñecida, foi fillo de Zeus e pai de Penélope e Níobe, rei de Lidia ou de Frixia. Ao querer ser igual aos deuses, roubou a ambrosía e o néctar, polo que foi castigado a estar diante dun lago rodeado de árbores cargadas de froita sen poder satisfacer a súa sede nin saciar a súa fame.