Tantra

Tantra

Nome xenérico das numerosas escrituras anónimas, de natureza mística, que recollen as ensinanzas do tantrismo. Consisten xeralmente nunha serie de comentarios que forman un ciclo de prácticas centrado ao redor dunha determinade deidade tántrica, da que toman o nome. Os Tantra budistas clasifícanse xeralmante en catro categorías: kriyā (acción ritual), caryā (conduta), ioga (prácticas psicofísicas) e anuttarayoga (ioga superior).

Palabras veciñas

1 tanto | 2 tanto -ta | Tanto monta | Tantra | tántrico -ca | tantrismo | Tantum ergo