Tantum ergo
Tantum ergo
[MÚS/RELIX]
Canto utilizado na liturxia latina nas bendicións e procesións co Santísimo. Está formado polas dúas derradeiras estrofas (a penúltima comeza coas palabras Tantum ergo) do himno Pange lingua, composto por san Tomé de Aquino.