Tanxarina Títeres

Tanxarina Títeres

Compañía teatral de monicreques fundada en 1983 por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez e Andrés Giráldez. Ao longo da súa carreira crearon trece espectáculos, dos que destacan Migallas e cirigaitas (1983), Rosalin no país do sol (1984), O cumpreanos da infanta (1987), Titiricircus (1989), con máis de setecentas representacións por todo o mundo; O bebé (1990 e 1991), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), Contaloucos (1998) e Rapatú (2002). Empregan técnicas moi diversas de manipulación dos monicreques para os seus espectáculos.

Palabras veciñas

Tantum ergo | Tantur | Tanuci, Bernardo | Tanxarina Títeres | tanxedoira | tanxedor -ra | tanxencia