Tareixa Benedita da Cruz

Tareixa Benedita da Cruz

Pensadora alemá. De nome Edith Stein, foi filla dun comerciante xudeu e discípula de Husserl. Converteuse ao catolicismo e en 1934 ingresou na orde carmelita. Morreu nun campo de concentración. Na súa obra póstuma Endliches und ewiges Sein (Ser finito e eterno, 1950) tentou fundamentar fenomenoloxicamente a concepción tomista. Escribiu tamén Eine Untersuchung über den Staat (Unha investigación sobre o estado, 1924), Das Ethos der Frauenberufe (O ethos da vocación feminina, 1931), Kreuzeswissenschaft (Ciencia da cruz, 1950) e Welt und Person (Mundo e persoa, 1962). Beatificada en 1987, a súa festividade celébrase o 9 de agosto.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Breslau, actual Wroclaw, Polonia

  • Deceso

    Lugar : Auschwitz