Tarquinia
Tarquinia
Cidade da provincia de Viterbo, Lacio, Italia (14.859 h [2001]). Está situada nun pequeno outeiro a 149 m, á beira do Mar Tirreno e ao N de Civitavecchia. Fundada ao comezo do s X a C, no s IV, uniuse a Roma como estado etrusco federado. No s VI a poboación trasladouse ao lugar do veciño castelo de Corneto e adoptou o seu nome. Posesión dos Estados Pontificios no s XIV, en 1922 recobrou o nome primitivo. Conserva da cidade etrusca a necrópole, con cámaras funerarias subterráneas ornamentadas con pinturas. Da época medieval destacan a igrexa de Santa Maria di Castello, de estilo lombardo, a igrexa de San Pancrazio (s XIII) e o conxunto de torres denominado Palazzo del Priori.