Tarrío, pazo de
Tarrío, pazo de
Construción situada en Xubial (Melide). Reconstruído no s XVIII, ten planta rectangular cunha capela engadida nun lateral. Na fachada principal sobresae unha pequena á, perpendicular a ela. Na parte posterior do edificio hai unha cheminea de planta cadrada. Entre a fachada principal e os alpendres atópase o patio. Conserva unha pedra de armas que alude aos Figueroa, Noguerol, Leis, Prado, Caamaño e Maldonado.