Tarrío, Santa María de
Tarrío, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída en estilo románico, ten planta rectangular e cabeceira cadrada, con cuberta a dúas augas. A ábsida é máis baixa ca a nave e a ela accedese por un arco de triunfo de medio punto, dobrado e en aresta, decorado con cruces, zigzags e axadrezados. A portada principal é de dobre arquivolta de medio punto que se apoian en dous pares de columnas acobadeladas, cos fustes monolíticos, e co tímpano liso. A espadana é dun só van.