tarso
(< grταρσός)
-
s
m
[ANAT]
Elemento do esqueleto das extremidades posteriores dos vertebrados tetrápodos que une o segundo elemento destas extremidades, formado pola tibia e o peroné, co cuarto, formado polos metatarsianos. Nos tetrápodos primitivos constaba de 12 ósos distribuídos en tres ringleiras paralelas e horizontais. Nos anfibios, algúns destes ósos están soldados, ata o punto que, nos anuros, o tarso está formado só por dous ósos alongados, denominados tibial e peroneal, conectados directamente coa tibia e o peroné, e tres ósos moi pequenos que conectan cos metatarsianos. Nos réptiles, consta dun só óso central, ancho e horizontal, que conecta coa tibia e o peroné, e de tres máis, que conectan co segundo, o terceiro e o cuarto metatarsiano. O tarso dos paxaros está formado por un só óso, alongado e en posición vertical, denominado tarso-metatarso, e o dos mamíferos está constituído por 5 ou 8 ósos distribuídos en dúas ringleiras horizontais. O tarso do home está constituído por sete ósos dispostos en dúas ringleiras: astrágalo e calcáneo, no primeiro, e escafoide, cuboide e os tres cuneiformes, no segundo.
-
s
m
[ENTOM]
Última parte das patas dos insectos que segue á tibia.
-
s
m
[ANAT]
Lámina fibrosa resistente que vai dunha a outra comisura das pálpebras, entre o músculo orbicular e a conxuntiva.