Tarsis
Tarsis
Antiga cidade ou rexión citada na Biblia e de localización incerta. O seu nome designaba o ‘país das pedras preciosas’ ou o ‘país dos metais’, que provén das relacións entre hebreos e fenicios en época de Salomón e Xosafate, para os que as xentes de Tiro construíron as naves de Tarsis, para transportar ouro, prata, estaño ou ferro para a súa venda en Oriente. Anteriormente aplicado a un lugar indeterminado do Mar Vermello, empregouse despois para designar o emporio de Occidente que os gregos chamaron Tartesos.