2 tártaro -ra
(< topónimo Tartaria)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga Tartaria ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante da antiga Tartaria.
-
adx
-
[ETN/HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tártaro.
-
s
Individuo do pobo tártaro.
-
s
m pl
Pobo de raza turánida de Asia Central. Tradicionalmente guerreiros, destruíron o primeiro Imperio Mongol. Foron aniquilados por Xenguis Khan en 1202. Constituíron tres khanatos a mediados do s XV: o de Kazan’ (1450-1522), sometido por Iván IV de Rusia; o de Qasimov (1452-1687), orixinario dunha rama de Kazan’, anexionado a Moscova despois da conversión forzosa da súa poboación na Igrexa Ortodoxa rusa; e o de Crimea (1420-1783), incorporado a Rusia en 1783, coa ausencia de Turquía en 1792.
-
adx
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas turcas que se falan na rexión da antiga Tartaria.