tartaruga

tartaruga

(

  1. [ANIMAL]
    1. s f

      Réptil, da orde dos quelonios, coas extremidades curtas, adaptadas á natación, unha cuncha que protexe o corpo e un bico córneo sen dentes. Son animais mariños e terrestres.

      Sinónimos: sapoconcho.
    2. tartaruga boba [Caretta caretta, Fam dos quelónidos]

      Réptil de ata 130 cm de lonxitude, coa cuncha dorsal completamente osificada e recuberta de placas córneas xustapostas. Vive nos mares tropicais e subtropicais e atópase con frecuencia no Mediterráneo.

    3. tartaruga de carei [Eretmochelys imbricata, Fam dos quelónidos]

      Réptil mariño, de ata 1 m de lonxitude, que ten a cuncha en forma de corazón recuberto de láminas córneas imbricadas, de cor amarela e negra verdosa e a cabeza e as extremidades de cor terrosa. Estas tartarugas son moi apreciadas pola beleza das láminas córneas da cuncha, que constitúen o carei. Viven nos mares das zonas tropicais e intertropicais, especialmente nas costas de América Central, de Asia meridional e de Australia.

      Sinónimos: carei.
    4. tartaruga elefante [Testudo elephantopus, Fam dos testudínidos]

      Tartaruga terrestre, duns 160 cm de lonxitude, diúrna e herbívora, que vive en grandes grupos. É endémica nas illas Aldra, no Océano Índico.

    5. tartaruga laúde [Dermochelys coriacea, Fam dos dermoquélidos]

      Tartaruga mariña, duns 2-2,3 m de lonxitude, coa cuncha recuberta dunha pel corácea. Aliméntase de peixes e substancias vexetais. Habita no Océano Pacífico, no Atlántico e no Índico, aínda que ás veces pode atoparse no Mediterráneo central e oriental.

    6. tartaruga mediterránea [Testudo hermanni, Fam dos testudínidos]

      Tartaruga terrestre, duns 30 cm de lonxitude, cunha cuncha curvada e oval e cola rematada nun tubérculo córneo de forma cónica cunha canle lonxitudinal. É de cor amarelada con manchas escuras ou negras, e o escudo ventral é de cor amarela no medio, con bandas laterais negras. Vive en piñeirais litorais ou     terreos areosos moi expostos ao sol. Habita nos Balcáns, na Península Ibérica, Occitania, Córsega, Sardeña e na Italia continental e peninsular.

    7. tartaruga moura [Testudo graeca, Fam dos testudínidos]

      Tartaruga terrestre, duns 30 cm de lonxitude, moi semellante á mediterránea, pero coa cuncha dorsal máis curva, placa supracaudal simple, cola sen tubérculo córneo e dunha cor amarela verdosa con manchas escuras. Habita no N de África, no SO da Península Ibérica, nos Balcáns (Albania e Grecia) e no SO de Asia.

    8. tartaruga verde [Chelonia mydas, Fam dos quelónidos]

      Tartaruga mariña, duns 160 cm de lonxitude, coa cuncha dorsal en forma de corazón. Habita ao redor das calas e nada sobre todo na superficie da auga. Habita no Océano Índico e no Atlántico.

  2. s f [BÉL/HIST]

    Formación dos lexionarios romanos que consistía en apiñarse co escudo sobre a cabeza para protexerse dos ataques do inimigo, especialmente ao aproximarse a algunha muralla.

  3. s f

    Persoa moi lenta nos seus movementos ou no seu proceder.

Frases feitas

  • A paso de tartaruga. Que é moi lento.

Palabras veciñas

1 tártaro | Tártaro | 2 tártaro -ra | tartaruga | tarteira | tarteso -sa | Tartesos Tartessos