Tartesos Tartessos
Tartesos Tartessos
Antiga cidade situada no litoral meridional da Península Ibérica ao redor dos ss VI-V a C, e que enlazan coas referencias da Biblia no país de Tarsis. Descuberta polos gregos no 630 a C e destruída por Cartago cara ao 500 a C, Tartesos podería estar situado no baixo Guadalquivir. A tradición literaria preséntao como un país de estrutura monárquica, e cunha alta civilización. A arqueoloxía, ademais, ofreceu novos datos sobre a súa cultura, como a utilización de cerámicas de verniz vermello de tradición fenicia e unha ourivaría de ouro moi rica. Os turdetanos, coñecidos en época da conquista romana foron os descendentes de Tartesos.