Tartu

Tartu

Capital da provincia de Tartu, Estonia, situada na ribeira do Ema (101.204 h [2001]). Fundada no s XI por Jaroslav de Novgorod, permaneceu en poder da orde dos Teutóns entre 1224 e 1258. Pasou alternativamente a mans de Polonia e Suecia, ata que, en 1704, baixo Pedro I o Grande, pasou a Rusia. Ata 1917 denominouse Jur’ev. En 1920 asinouse nela o Tratado de Tartu , que recoñecía a independencia de Estonia.