Taškent
Taškent
Capital de Uzbekistán e da oblast’ homónima (2.142.700 h [1999]). Situada no val de Čirčik, ten industria mecánica, do metal e lixeira. Centro comercial das rutas de caravanas, foi conquistada por árabes (s VIII) e mongois (s XIII). En 1814 foi anexada polo khanato de Kokand e, en 1865, polos rusos, que construíron unha nova cidade europea a carón da primitiva.