tasmaniano -na

tasmaniano -na

(< topónimo Tasmania)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Tasmania ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Tasmania.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo tasmaniano.

    2. s

      Individuo do pobo tasmaniano.

    3. s m pl

      Antigo pobo, considerado como unha subetnia dos pobos melanésidos, que habitaba na illa de Tasmania. Foi un dos primeiros pobos que chegou a Oceanía. A causa do seu illamento, a súa cultura evolucionou moi pouco. Descoñecían o lume e a cerámica, e agrupábanse en tribos e subtribos, que mantiñan entre elas continuas hostilidades.

Palabras veciñas

Taškent | Tasman, Abel Janszoom | Tasmania | tasmaniano -na | TASS | tassili | Tassili N’Ajjer