Tasmania
Tasmania
Estado insular do SL de Australia (67.800 km2; 456.652 h [2001]). A súa capital é Hobart. Formada por un altiplano, as chairas limítanse aos vales dos ríos e certas áreas costeiras. Os principais cultivos son cereais e froita. Ten minaría e industria siderúrxica, metalúrxica e alimentaria. Poboada por melanesios e visitada por Abel Tasman (1642), Marian du Fresne (1772), James Cook (1777) e d’Entrecasteaux (1792), foi ocupada polos británicos a partir de 1807, e dependeu de Novo Gales do Sur ata 1825. Nela establecéronse pescadores de baleas e gandeiros de ovellas, e os poboadores indíxenas foron exterminados. Dotada dun goberno autónomo en 1856, federouse cos estados australianos en 1901.