Tasso, Torcuato

Tasso, Torcuato

Poeta italiano, fillo de Bernardo Tasso. As súas poesías, recollidas en Rime, constitúen unha obra aberta. Aminta (1573) é un drama pastoral coñecido na Península Ibérica grazas á tradución de J. de Jáuregui (1607). A súa obra capital é La Gerusalemme liberata (1579), poema épico en 20 cantos e en oitavas, escrito entre 1570 e 1575. Máis tarde, entre 1587 e 1592, realizou unha refundición titulada La Gerusalemme conquistada (1593), que deu máis importancia á acción da conquista de Xerusalén. Das súas obras menores destacan o seu epistolario e os escritos teóricos relacionados con cuestións de poética e de estética, o poema cabaleiresco Rinaldo (1562); e 26 Dialoghi, Il re Torrismondo (1586) e Le sette giornate del mondo creato (1592-1594).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sorrento

  • Deceso

    Lugar : Roma