Tavani, Giuseppe
Romanista. Catedrático de Filoloxía Románica e profesor emérito da Universidade de Roma La Sapienza. É autor de numerosas obras sobre poesía medieval provenzal, francesa, galego-portuguesa, catalá e castelá, e estudou a vida e obra de Gil Vicente e Camões, a literatura portuguesa do s XVI e a poesía contemporánea portuguesa, galega e catalá. Das súas obras destacan Repertorio metrico della lirica galego-portoghese (1967), La poesia lirica galego-portoghese (1980), Ensaios portugueses: filologia e linguística (1980), Poesia e ritmo: proposta para uma leitura do texto poético (1983), Methodologie et practique de l’édition critique des textes littéraires contemporains (1985), As Cantigas de escarnio (1995) e Trovadores e Jograis. Introdução à Poesia Medieval Galego-Portuguesa (2002); e edicións críticas como A poesía de Airas Nunez (1992), Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1999) e Il Castia-Gilos e i testi lirici (1999), de R. Vidal. Coordinou, en colaboración con G. Lanciani, o Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993). Doutor honoris causa polas universidades de Lisboa (Clássica e Nova), Santiago de Compostela e Barcelona, é socio correspondente da Academia das Ciências e do Institut d’Estudis Catalans, e foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega en maio de 2004.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma