taxiko -ka

taxiko -ka

(< topónimo Taxikistán)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Taxikistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Taxikistán.

  1. [ETN]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo taxiko.

    2. s

      Individuo do pobo taxiko.

    3. s m pl

      Pobo iraniano, de etnia turánida, que habita nas provincias setentrionais de Afganistán desde Herāt ata Badakhšan e na actual República de Taxikistán. Dominados polos turcos mongois nos ss XIV-XV, o seu territorio foi obxecto de disputas entre persas e uzbekos, (ss XVI-XVII), e máis tarde (ss XVIII-XIX), entre Afganistán e os khanatos de Bukhara e Kokand. Coa anexión dos khanatos ao dominio ruso entre 1868 e 1876, o territorio quedou dividido entre Rusia, que dominou toda a zona N de Amudarja; e Afganistán, que dominou a zona meridional.

  2. s m [LING]

    Lingua irania do phylum indoeuropeo que resulta ser unha simplificación do persa moderno. Escríbese en alfabeto cirílico.

Palabras veciñas

taxidermia | taxidermista | Taxikistán | taxiko -ka | Taxila | taxímetro | taxinomía