Tea, El

Tea, El

Semanario publicado en Ponteareas a partir do 5 de setembro de 1908. Cesou o 14 de xullo de 1936 (nº 1.156). Fundado por Amando Garra, era de tendencia republicana e agrarista, aínda que se subtitulou como “independente”. Ofreceu colaboracións literarias que entre 1922 e 1928 apareceron agrupadas na sección “Páxina Enxebre”. Dirixido por A. Garra, Manuel Pérez e, desde decembro de 1927, por Manuel Piñeiro, saíu os sábados ata agosto de 1920, en que se converteu en decenario e se trasladou a Vigo (1914) e Pontevedra (1920). Tivo varias suspensións e cambios de sede, entre Vigo, Pontevedra e Ponteareas, aínda que sempre conseguiu saír a rúa, ben como El Tea, ou ben cando estaba suspendido, como El Uma.