Teatro Buratini

Teatro Buratini
[ESPECT]

Compañía profesional creada en 1996 por Pablo Suárez e Larraitz Urruzola. Orientado cara ao público máis novo, dos seus espectáculos destacan Historia do pequeno Muk (1996), A Gaita que facía a todas bailar (1997) e O bosque animado (1998). Tamén desenvolve propostas específicas en campañas de animación á lectura e participa no movemento de recuperación da figura dos contacontos.