Teatro Principal

Teatro Principal

Edificio situado en Santiago de Compostela. Construído entre 1840 e 1841, destaca a fachada de cantaría, en estilo neoclasicista tardío. Conta cun baixo de soportal, aberto con cinco vans: tres arquitrabados e dous rematados en arco de medio punto rebaixados, sobre os que se alzan dúas alturas, case ausentes de decoración ao exterior. O piso principal, de maior altura, organízase en cinco vans arquitrabados e o superior, amodo de ático, conta con cinco ventás cadradas, separadas por resaltes circulares de pedra. Sufriu varias reformas.