Teatro Principal
Teatro Principal
Edificio situado en Tui. Construído entre 1842 e 1844, destacou pola peculiaridade da súa planta elíptica. Ao exterior presenta un aspecto macizo. A fachada principal organízase en tres pisos separados por impostas e en que se abren vans. Tiña tres portas de acceso. En 1891 acolleu a celebración dos primeiros Xogos Florais integramente en galego. Pechado desde 1972, en 2000 recibiu a denominación de Fundación de Interese Galego e constituíuse a Fundación Teatro Principal de Tui, para intentar adquirir o inmoble e recuperar a súa actividade cultural.