tebano -na
(< topónimo Tebas)
-
adx
Relativo ou pertencente a Tebas ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Tebas.
-
ciclo tebano
[LIT/MÚS]
Ciclo composto por unha serie de mitos que os autores clásicos introduciron nos xéneros épico e tráxico. A orixe do ciclo remóntase a Cadmo, fundador de Tebas, e está formado por funestos sucesos acontecidos na casa real, aínda que o episodio máis representativo é o do rei tebano Edipo, fillo de Laio e Iocasta. Desde el, unha antiga maldición transmitirase aos seus descendentes, especialmente a Antígona. Destacan as obras de tres grandes autores tráxicos gregos: Edipo Rey (425? a C), Edipo en Colono e Antígona (442? a C), de Sófocles; Os sete contra Tebas (467 a C), de Esquilo; e As fenicias, de Eurípides. Na súa obra O nacemento da traxedia a partir do espírito da música (1872), Nietzsche considera a Edipo a figura máis desgraciada da traxedia grega. Este mito tamén foi adaptado ao mundo da música, como os temas “The End”, escrita por Jim Morrison, líder de The Doors, e “King of pain” de The Police. Na súa referencia á literatura tamén se coñece como novela de Tebas.
-
lexión tebana
[RELIX]
Lexión romana que, convertida ao cristianismo, sufriu martirio no s III en Agaunum (Helvecia) e da que formaba parte san Mauricio.