Tebra, pazo-torre de
Tebra, pazo-torre de
Construción situada en Tebra (Tomiño). A torre ten orixe nunha antiga fortaleza, propiedade de Alonso Gómez Churruchao. No s XV foi reformada por ; Pedro Madruga, para defenderse do arcebispo de Santiago de Compostela e da vila de Baiona. Foi destruída parcialmente en 1482 e erixida de novo en 1532 por Álvaro Suárez de Deza. Conserva o escudo de armas da familia. Xunto a ela erixiuse o pazo de planta rectangular e coa torre pegada cara á parte oriental. Na súa fachada principal atópanse dúas escaleiras de acceso. Conserva a capela. Foi declarado BIC en 1995.