Tecton, equipo

Tecton, equipo

Grupo artístico formado en Londres en 1932 por Berthold Lubetkin ao que pertencen Anthony Chity, Lindsay Drake, Michael Dugdale, Val Harding, Denis Lasdun e G. Samuel. Reformaron o zoolóxico de Londres e, das súas obras, dun racionalismo ortodoxo, cómpre destacar o Centro Sanitario (1938), as vivendas Spa Green e Priory Green (1951), en Finsbury ou os bloques Flats (1954), en Paddington.

Palabras veciñas

TECOR | tectibranquio -quia | tectita | Tecton, equipo | tectónica | tectónico -ca | tectosilicato