tectónico -ca

tectónico -ca

(< grτεκτονικός ‘ pertencente áconstrución ou estrutura’)

    1. adx

      Relativo ou pertencente á estrutura da superficie terrestre transformada pola tectoxénese.

    2. estilo tectónico [XEOL]

      Forma característica que adquire o relevo a causa das forzas oroxénicas, que cando actúan en rexións de gran plasticidade dan lugar ao estilo tectónico alpino, e cando o fan sobre bloques resistentes xorde o estilo tectónico xermánico. Entre estes cómpre considerar o estilo tectónico saxón, que se forma en rexións intermedias entre os maiores xeosinclinais e os bloques cristalinos, nos que o groso dos sedimentos se reduce e non permite un dobramento perfecto.

  1. adx [MED]

    Relativo ou pertencente á cirurxía plástica ou aos transplantes.

Palabras veciñas

tectita | Tecton, equipo | tectónica | tectónico -ca | tectosilicato | tectoxénese | tectriz