Teherán, Conferencia de
Teherán, Conferencia de
Reunión celebrada en Teherán, do 28 de novembro ao 1 de decembro de 1943, entre os representantes dos países aliados (Churchill, Stalin e F. D. Roosevelt) durante a Segunda Guerra Mundial. Nela decidiuse para 1944 o Desembarco de Normandie e outro posterior no Mediterráneo. Tamén se iniciaron os preparativos para a ocupación e desintegración de Alemaña e o establecemento das fronteiras polacas. Abordouse a organización da futura ONU e a proposición de Roosevelt de confiar os papeis de policía internacional aos países reunidos e a China. Stalin confirmou a súa intención de unirse ao ataque a Xapón, despois de que Alemaña resultase vencida. Por último, garantizouse a independencia de Irán despois da guerra.