Teherán

Teherán

Capital de Irán e do ostān homónimo (6.758.845 h [1996]). Situada no altiplano iraniano, é unha encrucillada de comunicacións entre o Mediterráneo e Oriente. Ten industria téxtil (la e algodón), tabaco, montaxe de automóbiles, cemento, vidro, coiro e calzado e unha gran refinaría de petróleo. É o centro económico e cultural do país. A primeira noticia que aparece no Fars-Namí (s XII), fala dun arrabalde de al-Ravy (Rages). En 1220, coa caída das cidades veciñas a mans dos mongois comezou unha existencia autónoma. A época de gran desenvolvemento iniciouse durante a dinastía safávida e quedou consolidada ao ser constituída como capital de Persia polo qajarita Ā ḡ ā Mu ḥ ammad Khan en 1786. Destacan a mesquita Sipāhsalār (s XIX) e o palacio real de Gulistan, coñecido como trono dos pavos.