Teibes

Teibes

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha árbore de sinople, deitada de catro cunchas de vieira de ouro, dúas en cada flanco, colocadas en pau. Outro trae, en campo de azul, unha banda de ouro, acompañada de dous crecentes de prata, ranversados, un no alto e outro no baixo. Outro, en campo de prata, unha cruz cóncava, de sinople.