Teige, Karel
Teige, Karel
Artista plástico, crítico e tipógrafo. Fundador do grupo Devetsil (1920-1931) e teórico do movemento surrealista (1934-1951), os seus primeiros traballos estiveron influídos polo cubismo. A partir de 1940 centrouse nas colaxes surrealistas de mulleres núas. Editor dos xornais Disk (1923-1925) e ReD (1927-1931), radicalizou a súa postura cara á esquerda, como resposta ao fascismo en Alemaña, e dedicouse á crítica da arquitectura moderna. Publicou Poetismus (1924), Alexander Archipenko (1923) e Architektura v Ceskoslovensku (A arquitectura en Checoslovaquia, 1947).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Praga -
Deceso