Teixeiro

Teixeiro

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de ouro, cunha árbore de sinople acompañada de cinco lanzas de prata apoiadas no tronco, tres no flanco destro e dúas no sinistro; 2, de sinople, cun castelo de prata sumado dunha aguia da súa cor. Outro trae, en campo de sinople, dúas torres de prata, colocadas en faixa, sinistradas de cadanseu oso, ergueito, do mesmo, atados á porta cunha cadea. Outra, en campo de goles, un escudiño de azul, en abismo, cargado dun castelo de prata, e acompañado de catro leóns de prata colocados un en xefe, outro en punta e un en cada flanco. Outro, en campo de azul, dúas estrelas de prata de oito raios, colocadas en faixa. Outro, en campo de azul, tres gaivotas de prata, voando, colocadas en faixa.