Teixeiro, casa de ou casa do Avogado
Teixeiro, casa de ou casa do Avogado
Construción situada en Lea (Pol). Presenta planta en forma de L e dúas alturas. Realizouse en cantaría combinada con cachotaría. Ten patín, solaina e varios escudos na fachada principal. O conxunto completouse coa igrexa parroquial e cun alpendre porticado.