Teixido, Santo André de

Teixido, Santo André de

Igrexa parroquial situada en Cedeira. Construída en estilo gótico-barroco durante os ss XVI-XVIII, da anterior igrexa só conserva unha porta no muro N e as pinturas murais, que representan o martirio do santo, tapadas en parte polo retablo barroco. No exterior, destaca a torre campanario do s XVIII de base cadrada e formada por tres corpos decrecentes e cuberta cunha cúpula rematada en pináculo. Nas súas inmediacións celébrase unha romaría o 8 de setembro.