telémetro

telémetro

(< 1 tele-+ 1 -metro)

s m [METROL]

Instrumento óptico que serve para determinar a distancia á que se sitúa un obxecto arredado. Os máis normais están constituídos esencialmente por unha barra longa cun punto de mira a cada lado. O observador efectúa as súas observacións por un ocular situado na metade da barra, ao que chegan as imaxes dos obxectos visados polos puntos de observación grazas a un sistema de prismas. Modernamente desenvolvéronse sistemas de medida directa de distancias denominadas distanciómetros.

Palabras veciñas

telemática | telemedida | telemetría | telémetro | telencefalización | telencéfalo | telenovela