telencefalización

telencefalización

(

s f [BIOL]

Proceso evolutivo mediante o que o telencéfalo dos vertebrados acada un desenvolvemento e unha complexidade maior a medida que avanza na escala evolutiva. Vaise desenvolvendo unha zona de substancia gris, o neopalio, que vai adquirindo unha importancia cada vez máis grande ata envolver todo o antigo palio, que queda nunha situación interna. Este desenvolvemento do neopalio acompáñase dunha diminución de bulbos olfactivos e dun aumento das funcións superiores: intelixencia, memoria e percepción sensorial.

Palabras veciñas

telemedida | telemetría | telémetro | telencefalización | telencéfalo | telenovela | teleo-